Análise da técnica de mariposa

Neste artículo vou comparar a técnica de dous nadadores non profesionales (tratareinos como nadador de bañador negro e nadador de bañador azul)

Posición do corpo:
De acordo cos nosos apuntes, a posición do corpo en mariposa está cambiando constantemente, xa que o corpo se desplaza describindo unha traxectoria ondulatoria.
Como podemos observar, o nadador de bañador negro realiza unha maior ondulación que o nadador de bañador azul.

Acción dos brazos:
Seguindo a teoría, durante a tracción realizanse tres fases: agarre, tirón e empuxe, que podemos observar nos dous nadadores.

Acción das pernas:
O batido de mariposa consiste nun batido descendente e outro batido ascendente. A posición das pernas é similar á posición dos pés en crol, a excepción de que os movementos de ambas pernas son simultáneos e ademais prodúcese unha flexión das rodillas maior que no batido de crol.

Como podemos apreciar, os dous nadadores realizan dous batidos por cada ciclo de brazos. O nadador de bañador azul realiza pequena flexión de rodilla polo que o batido é menos propulsor; o nadador de bañador negro, pola contra, realiza unha flexión excesiva tocando case os glúteos, cos tobillos pouco relaxados e as pernas algo separadas.

Coordinación brazos-pernas:
Continuando coa teoría e como xa mencionei, a cada ciclo de brazos correspóndenlle dúas patadas. A primeira debería comezar xusto no momento en que as mans entran na auga, a segunda debería executarse ao mesmo tempo que o barrido ascendente de brazos.
O nadador de bañador azul realiza o primeiro batido durante a entrada das mans na auga e o segundo batido durante o empuxe, pola contra o nadador de bañador negro realiza a segunda patada un pouco antes de realizar o empuxe.

Respiración:
Ambos nadadores realizan unha respiración cada 2 ciclos.

Fontes:
http://www.i-natacion.com/articulos/modalidades/mariposa.html
https://www.youtube.com/watch?v=8H7u30vnn2g&app=desktop

No hay comentarios:

Publicar un comentario