Taekwondo exhibición

O taekwondo é unha arte marcial coreana, onde actualmente é deporte nacional. É moi coñecido pola espectacularidade das súas técnicas de perna e os saltos.

Historia:
Os primeiros rexistros da práctica desta Arte Marcial data do ano 50 A.C. A evidencia da súa práctica puido ser atopada nunhas tumbas onde os murais mostraban a dous homes nunha escena de loita.
A chegada do taekwondo a Galicia data dos anos 70, nunha época marcada polas películas de Artes Marciais. Rapidamente foise popularizando favorecido pola escaseza doutras modalidades deportivas que puideran practicarse de xeito dirixido, nun recinto pechado e con certas comodidades.

Competición:
No ámbito da competición existen tres modalidades: técnica, combate e exhibición.
A modalidade máis vistosa é a de exhibición pola espectacularidade dos seus rompementos en altura, e polo gran número de acrobacias e técnicas que realizan os competidores.
Nesta modalidade puntuase a dificultade do exercicio, así como a súa execución, a utilización do espazo (tapiz), a precisión, o equilibrio, a velocidade e a potencia.


Resultado de imaxes para taekwondo exhibicion
Resultado de imaxes para taekwondo exhibicion Imaxe relacionada

No hay comentarios:

Publicar un comentario